miércoles, 9 de septiembre de 2009

O "PERRO MAPACHE"


O "perro mapache", un entrañable animal. Este bicho está presente na mitoloxía japonesa co nome de "tanuki". Aparece como un ente travieso e xogetón que gosta de facer bromas pesadas á xente grazas a poseer poderes como o de transformarse en calquera obxeto e ata en ser humano. Tamén é simbolo de sorte e prosperidade nos negocios. Moitos empresarios puñan unha imaxe do "tanuki" nas portas das suas tendas, debuxado ou esculpido con dous grandes "testículos" ou en latín "collós".
Recentes investigacións levadas a cabo por un equipo de científicos licenciados en "Supermario 3" descubriron que Mario non se disfrazaba de "Panoqui", postulado vixente durante moitos anos, se non de "Tanuki". Este achádego revolucionário está chamado a ser histórico e xa tivo respostas unánimes por parte dos demais grupos de licenciados. A reacción máis común foi: "Aaaaah,non o sabía...no pois non eh, mira ti por onde".
En Galica non se deron moi ben porque non lles gostan os toxos, pican, e mais non valen pra ir cas vacas, non lles gostan as vareadas, doen.

Imaxe dun "tanuki da casa":

1 comentario:

Anónimo dijo...

buffff... o non ir a barca estache afectando....
Burrito