lunes, 8 de septiembre de 2008

Ignatius,el hombre de las coles

Ainda que este monólogo é bastante vello non se cansa un de velo.É un modelo a seguir.
O monólogo enteiro está en youtube,este é un parte.Vedeo todo

Que tanto pouco non comemos!

Parece unha cousa normal e corrente.Ir a cear e pedir algo do que teñen na carta.Uns calamares,un pulpo...dipois un churrasco ou un peixiño por se queres cargar a catrula, pa non tar mui farto e que che senten ben os cubatas.Pero agora parece que o churrasco, como plato estrella das ceas de fin de semana, quedou relegado a un segundo plano.A nova estrella é o chuletón de kilo douscentos gramos,medio kilo arriba ou abaixo,máis ou menos.
Chegas ao restaurante sentaste e tal e xa pides un chuletón.Porque pa pedilo xa tes que ir cunha idea preconcebida.É muita carne e fai falta certo ejercicio mental preparatorio.¿Comereino?¿non o comerei?é muita carne!...pero qué carallo un dia é un dia.
Que cara de felicidá ao ver tanta carne xunta,cun cheiriño á parrilla que mete medo,coas patacas fritas a un lado,a ensalada ao outro,o viño en frente coa botella de ghaseosa ao lado(normalmente o viño xoven de aromas afrutados criados con esmero bla bla bla que pon na etiqueta non hai quen os atravese solos),en fin,tódalas estras.So falta coller o cuitelo e o tenedor de profesional e ala.A devorar!.
Os primeiros 5 minutos vai ben a cousa.Qué tan ben sabe!.Muhahaha,que maneira de comer teño,vou chamar ao veciños que me veñan ver.Pero logo te fartas.É unha cea,nin que tivera xantando pa ir picar un penedo no monte,e inda que fora ó xantar, comendo da maneira ,deitábame riba do penedo á durmir a sesta.O caso é que che queda inda a mitá.No problem,relax,non teño prisa.Meteslle un grolo,unha pouca lechuga,unha pataca...e volves ao choio.
Queda un cuarto.Non tes fame.Xa é doloroso.É máis o estómago ta cheo,a lechuga e as patacas xa non son excusa,pero hai que seguir.Pensas en tua avoa dicíndoche:"Come máis.Bo! como que tas farto! e logo non che gusta e non.Come que sabe ben".E sigues comendo ainda que tes a terrible sospeita de que empezas a ter carne nos pulmóns.
Media hora despois,ao final, non sabes cómo pero acabástelo.Respantínghaste na silla,as mans na barriga e daste de conta de que tas contento.Con cara de orgullo e satisfación miras ao resto dos comensales que teñen a misma cara ca ti.Ahí é cando das en pensar que normalmente a xente vai cear pa pasalo ben,confraternizar cos amigos e principalmente porque tes fame.Pero aquí o punto é que xa non te sintes como se viñeras cear pa mitigala fame,sínteste coma Roky cando sube as escaleiras berrando e saltando.Estás contento pero polo esforzo que fixéstes.Non polo feito de comer en sí.
En fin que ahora toca pagar e xa non tes ganas de sair tomar unhas cubas libres de sobremesa porque non che colle nada mais.Pero pa cama tampouco podes ir porque te sintes algo como unha embarazada.Tes una responsabilidade para co que levas no ventre e se te deitas pode ser que che dea mal...que facer?
Conclusión: os monxes budistas perden o tempo con tanta meditación en busca dunha catársis espiritual co fin de obter un estado de conciencia superior.Comer un bo chuletón so leva media hora(ou menos) e acádanse os mesmos resultados.
Recomedación: se comestes un chuletón,patacas,ensalada e criollos con viño xoven o mellor que hai antes de se ir deitar é tomar un vaso de vinagre.O vinagre axudaravos a roer toda esa graxa.O peor e que se poteas tirástes cos cartos e pasastes todos estes traballos pa nada.
Manda carallo,se alguén chegou ata aquí lendo merece una palmada no lombo.Que vaia petarlle ao veciño do lado e que lla dea el.Xa arreglarei eu cuentas dispóis.