jueves, 11 de junio de 2009

Cyberpunk

Breve introducción a este maravilloso xénero "literario" que empezou alá nos ochenta con "Neuromancer" ,como máximo representante inicial,e que se extendeu por tódalas manifestacións artísticas.Sexa cine,videoxogos,música,etc.No cine "Blade Runner" é referente histórico.Robocop non ta mal tampouco.
O que representa o cyberpunk pódese extraer da propia palabra formada por "cyber" de cibernético e "punk" de... non sei,desorde social,reveldía,...
As obras "cyberpunk" case sempre evocan unha realidade distópica,futurista e oscura.Un futuro distorsionado,caótico,postapocalíptico moitas veces no que a tecnoloxía e os avances científicos alcanzan tódolos niveles da vida humana pero que ó contrario do que podiamos pensar non melloran a escena social de benestar.As desigualdades sociais aquí son extemas.A xente neste mundo pasaas "putas".Tecnoloxía na vida social e na vida mesma.Todo o que se lle pode facer a un rato no laboratorio fáiselle aos seres humanos.Implantes protésicos...aparecen cyborgs,intelixencias artificiais,mutacións,cousas antinatura,tecnoloxía esaxerada.
Nestas sociedades futurístas os gobernos estatáis case sempre aparecen dominados,substituidos por megacorporacións multinacionais que controlan o poder político,económico e militar.
Neste entorno é donde se presenta o "heroe" da historia.Non é o típico superheroe ou o típico personaxe que sae en busca de aventuras e abraia a todos cos seus actos e a sua moralidade.O heroe cyberpunk é o contrario.Unha persoa,en moitos casos nada virtuosa, que se ve involucrada na historia sen querer e que executa un rol antisistema.Acaba pelexando contra á multinacional opresora que todo o controla.
Co tempo apareceron variantes como o biopunk,basado na bioloxía,o neopunk e o meu favorito o steampunk.
O steampunk está caracterizado por tratar historias cunha estética ambientada na época victoriana inglesa e con grandes avances tecnolóxicos como robots,máquinas voadoras que teñen base na enerxía sacada do vapor.Así aparecen toda clase de cachibaches impulsados,movidos por increibles motores e mecanismos accionados por vapor.
Son peliculas streampunk "O castillo abulante de Howl"(este é o título creo),"Steamboy".

Bah!!!ala a rañar.Para máis info mirar na wikipedia.