miércoles, 23 de septiembre de 2009

NATUREZA INDÓMITA -para adultos-

Imaxe captada polo cerebro dun tolo no medio do monte. O revelado non é moi alá pero ben se pode observar o comportamento, un tanto obsceno, dun perro mapache en plena natureza. Comportamento moralmente calificado pola "Asociación da Familia Tradicional-Católica-Apostólica y Opresorsodomita Española" con "dous rombos rojos". Outras asociacións defenden que son animales moi bonitos, amantes do fucsia/veige e bastante modositos, aptos para todos os públicos. Este non é o caso:

(pinchando na imaxe vese algo máis grande)


Proximo post: Fucsia vs Veige.

miércoles, 9 de septiembre de 2009

O "PERRO MAPACHE"


O "perro mapache", un entrañable animal. Este bicho está presente na mitoloxía japonesa co nome de "tanuki". Aparece como un ente travieso e xogetón que gosta de facer bromas pesadas á xente grazas a poseer poderes como o de transformarse en calquera obxeto e ata en ser humano. Tamén é simbolo de sorte e prosperidade nos negocios. Moitos empresarios puñan unha imaxe do "tanuki" nas portas das suas tendas, debuxado ou esculpido con dous grandes "testículos" ou en latín "collós".
Recentes investigacións levadas a cabo por un equipo de científicos licenciados en "Supermario 3" descubriron que Mario non se disfrazaba de "Panoqui", postulado vixente durante moitos anos, se non de "Tanuki". Este achádego revolucionário está chamado a ser histórico e xa tivo respostas unánimes por parte dos demais grupos de licenciados. A reacción máis común foi: "Aaaaah,non o sabía...no pois non eh, mira ti por onde".
En Galica non se deron moi ben porque non lles gostan os toxos, pican, e mais non valen pra ir cas vacas, non lles gostan as vareadas, doen.

Imaxe dun "tanuki da casa":