viernes, 11 de abril de 2008

¿Son un friki?


Se algunha vez vos preguntastes qué tan frikis erades,tranquilos,aqui está o Geek Test.
Daravos con toda precisión un resultado co que poderedes ter unha referencia sobre o voso nivel de frikismo.
Máis que un test é un "quiz show",coma o Trivial pero en friki.Canto máis acertes,máis friki eres.Así de simple.
As preguntas máis básicas fan referencia a temas de cultura xeral obligatoria como poden ser Chuck Norris,Star Wars,O señor dos anillos,StarCraft,...
Pinchade neste enlace para facer o test-------> TEST FRIKI
Se ao rematar o test vos saíu que sodes uns frikis,aquí tendes o "Decálogo Friki" que contén os dereitos básicos dun friki.Os deberes para outro día:

Dereitos:
1. Dereito a ser máis friki.
2. Dereito a quedar na casa.
3. Dereito a non ter noiva e a ser virgen ata a idade que sexa.Dereito a,si se ten
noiva,intentar convertila en friki se non o é.
4. Dereito a non nos gustar o fuchibol e os deportes en xeral.
5. Dereito á asociación friki.
6. Dereito a ter poucos amigos(ou ningún).Dereito a ter tódolos amigos frikis que
se queira.
7. Dereito a non ir á moda(unha camiseta de Homer é sempre ir á moda).
8. Dereito ó sobrepeso e á miopía.
9. Dereito a exibir o frikismo propio.
10. Dereito a intentar dominar o mundo.

FIN.

No hay comentarios: